A Xunta informa de seis mortos con covid, cinco deles en Santiago

Todos os falecidos presentaban patoloxías previas. Deste xeito, Galicia suma 2.296 vítimas durante o ano de pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este sábado seis falecidos nas últimas horas. Deste xeito, Galicia suma 2.296 vítimas durante o ano de pandemia.

As seis persoas contaban con patoloxías previas. Tres delas faleceron o 12 de marzo: son tres mulleres de 79 (defunción no CHUS), 82 (tamén no CHUS) e 94 anos (no hospital do Salnés).

Os outros tres óbitos tiveron lugar este sábado, día 13, todos eles no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Trátase dunha muller de 86 anos e dous homes de 74 e 84 anos.

Vista xeral do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán a vacina de AstraZeneca aos ciudadan. Europa Press
Vista xeral do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán a vacina de AstraZeneca aos ciudadan. Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta