Critican a visita de Feijóo á residencia Porta do Camiño de Santiago: "é propaganda"

"Queremos descanso e protección, e non visitas pantomima", din desde a CIG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG en Política Social pide a cancelación da visita que prevé realizar este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á residencia de maiores pública Porta do Camiño de Santiago de Compostela, por pretender ofrecer "unha imaxe falsa de boa xestión e seguridade" durante a pandemia.

A través dun comunicado, a organización considera que esta visita "non ten ningunha xustificación laboral ou de xestión de recursos" contra a covid-19, senón que simplemente é "un acto de propaganda que seguro se vai a realizar coa máxima cobertura de medios públicos ao servizo do PP sen mostrar a realidade" dos centros sociosanitarios.

Neste contexto, a CIG pide "respecto e consideración" para o persoal das residencias, que desempeña as súas funcións nunhas "condicións límites" e "sen ningunha empatía ou colaboración" por parte da Xunta.

"O persoal das residencias de maiores queremos feitos e solucións, queremos descanso e protección, e non visitas pantomima", recalca o sindicato. Por iso, se quere "información real e contrastada", a CIG suxire a Feijóo que se reúna cos traballadores e coas familias e "apoie unha comisión de investigación" no Parlamento de Galicia sobre os xeriátricos durante a pandemia.

Feijóo en San Cateano o pasado mes de febriro
Feijóo en San Cateano o pasado mes de febriro | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta