Riós rexistra un terremoto de magnitude 1,8, o cuarto en tres días en Galicia

Outros dous rexistráronse este domingo en Folgoso do Courel e outro o venres en Boborás.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Riós rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 na mañá deste luns, despois dos dous que tiveron lugar este domingo en Folgoso do Courel.

Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 8,18 horas deste luns tivo lugar un sismo de magnitude 1,8 con epicentro a un quilómetro de profundidade en Riós.

Na xornada do domingo, no municipio de Folgoso do Courel, situado a uns 110 quilómetros de Riós, rexistráronse cuns minutos de diferenza na mañá deste domingo dous sismos. O primeiro deles tivo lugar ás 8,44 horas deste domingo 14 de marzo ás 8,44 horas cunha magnitude de 3,4; mentres que o outro sucedeu ás 8,47 horas con magnitude 2,5.

Pola súa banda, na noite do pasado venres, 12 de marzo, rexistrouse outro terremoto na provincia de Ourense, no municipio de Boborás, de magnitude 2,6.

Sismo rexistrado en Riós (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Sismo rexistrado en Riós (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta