O PSOE de Ferrol chora o falecemento da ex parlamentaria Paloma Rodríguez

Os socialistas repasan a súa traxectoria política remarcando "a súa absoluta convicción na defensa de principios socialistas na procura dunha sociedade mellor, plural e máis xusta".

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A Agrupación Socialista de Ferrol transmitiu este luns o seu pésame polo falecemento de Paloma Rodríguez, integrante da actual executiva, e transmitiu todo o seu apoio á familia e amigos.

Paloma Rodríguez
Paloma Rodríguez | Fonte: PSOE Ferrol

A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista Ferrolá, Beatriz Sestayo, transmitiu que a Executiva "chora a irreparable perda dunha muller extraordinaria, referente socialista e feminista, exemplar na súa traxectoria vital, profesional e política".

TRAXECTORIA POLÍTICA

Paloma Rodríguez, licenciada en Psicoloxía e mestra de profesión, segundo os integrantes do partido socialista, "foi exemplo de compromiso en todos os ámbitos nos que participou de xeito incansable".

Os socialistas defenden que foi unha referente no feminismo galego, xa que foi a presidenta da Asociación Alvixe para a loita contra a violencia de xénero. Ademais, foi Vocal da Comisión Constitucional, da Comisión de Igualdade, da Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade e Adscrita ás Comisións de Emprego e Seguridade Social e de Industria e Enerxía, entre outras.

Entre 2012 e 2015 foi deputada no Congreso, converténdose na representante que maior número de iniciativas presentou, amosando, segundo os socialistas "a súa absoluta convicción na defensa de principios socialistas na procura dunha sociedade mellor, plural e máis xusta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta