As axudas da Xunta para comprar vivendas en centros históricos serán compatibles con subvencións de rehabilitación

O prazo de solicitude abrirase este martes ata o 1 de setembro e poderá pedilas calquera persoa maior de idade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

As axudas da Xunta de ata 15.000 euros para a adquisición de vivendas en centros históricos, cuxo prazo de solicitude abrirase este martes, serán "compatibles" con outro tipo de subvencións, como á rehabilitación, á eficiencia enerxética e á accesibilidade dos inmobles.

Así o confirmou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sobre esta convocatoria do seu departamento cuxas bases recollen este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG). De acordo coa resolución publicada, calquera persoa maior de idade poderá solicitar estas axudas ata o próximo 1 de setembro.

Vázquez mantivo unha reunión coa Asociación de Veciños da Cidade Histórica de Fonseca, en Santiago de Compostela, para "analizar de primeira man" as actuacións no marco do "pacto social pola vivenda" asinado o pasado 20 de xaneiro.

En concreto, esta nova orde está dotada dun total de 600.000 euros, aínda que Vázquez avanzou que é "ampliable". As persoas de máis de 35 anos recibirán un máximo de 10.800 euros, que aumentará a 12.800 euros para os mozos.

Iso si, para as áreas 'Rexurbe' --por agora, só contan cunha A Coruña, Mondoñedo e Ribadavia--, a contía máxima por subvención será de 15.000 euros. Precisamente, a conselleira aproveitou a súa visita ao centro histórico compostelán para animar ao goberno local a solicitar a declaración dunha área 'Rexurbe'.

Casco vello de Betanzos
Casco vello de Betanzos | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta