Puy critica a repartición de fondos europeos e lamenta que "sempre aparezan criterios" que prexudiquen a Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, defendeu este luns, ao cumprirse un ano do primeiro confinamento motivado pola covid-19, que a situación actual da pandemia permite lanzar unha mensaxe de "tranquilidade" sobre a evolución futura tras constatar a "profesionalidade" do persoal sanitario, "a capacidade de organización da administración e o propio civismo da sociedade, que acode ás vacinas dunha maneira responsable e sen incidentes".

Con todo, trasladou a preocupación do PP pola repartición que está a facer o Goberno central dos fondos europeos, porque "sempre aparece algún criterio que fai que Galicia reciba por baixo do que lle corresponde por financiamento autonómico ou por poboación".

"Levamos un ano facéndolle fronte en Galicia a unha pandemia sanitaria, durante a que tomamos moitas decisións que permitiron situar a Galicia por baixo da media de afectación, tanto a nivel sanitario, social como económico", subliñou. "A experiencia acumulada debe servirnos para que manteñamos a máxima precaución e seguir as recomendacións que nos fan desde os comités médicos e sanitarios, porque estamos nun momento no que as vacinas permiten ver unha saída ao final do túnel", engadiu.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta