Allariz quere incentivar a economía local con descontos durante a ponte de San Xosé

Do 19 ao 21 de marzo, unha ducia de establecementos da vila ofrecerán descontos en excedentes da tempada outono-inverno.

Por X.M. Fernández | Allariz | 17/03/2021 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Aproveitando a fin de semana da ponte de San Xosé, o concello organiza "Allariz é oportunidade", un evento no que os clientes poderán atopar estupendas ofertas e descontos dunha gran variedade de produtos que inclúen: moda,calzado, deportes, roupa infantil,complementos, fotografía.

Casco vello de Allariz
Casco vello de Allariz | Fonte: XMF

As ofertas poderán atoparse visitando os comercios participantes e as medidas de seguridade serán prioritarias, respectando por suposto as restricións actuais, limite aforo 50%, emprego da máscara e uso do xel desinfectante.

Entre todos os clientes que merquen durante estes tres días sortearanse ademais 3 lotes de Produtos de Allariz.

María López, Concelleira de Promoción Económica Comercio e Turismo quixo agradecer ao sector o seu esforzo nestas circunstancias tan complicadas, xa que o seu labor é vital para que Allariz siga sendo un lugar atractivo para vivir e para visitar.

FORMACIÓN EN VENDA ONLINE

Ao redor duns 15 alumnos/as pertencentes ao sector do comercio alaricano realizarán unha formación de 20 horas para mellorar as competencias na venda online. O curso está ofertado dende a Área de Comercio e Promoción Económica e realizarase a través dunha plataforma en directo para que os asistentes e as asistentas poidan interactuar coma se dunha formación presencial se tratase.

O programa do curso inclúe: unha análise dos patróns de compra online, cales son as canles para este público máis usadas (Facebook, Instagram, Whatsapp, Emailing, web propia, Marketplace locais) e formación básica nunha ferramenta de deseño fácil e intuitiva (Canva).

O obxectivo é profundizar no valor de cada rede para acadar candanseus obxectivos de marqueting e conquerir o manexo técnico delas para sacarlle partido coma ferramentas profesionais. Todos as alumnas e alumnos terán a súa disposición tempo de titorías individuais para a resolución de dúbidas 

Dende a Concellería de Comercio de Allariz sinalan que a situación actual provocada pola pandemia vén de acelerar o paso á dixitalización xa coma unha necesidade e cren que iniciativas deste tipo contribúen a mellorar o comercio local para dar un mellor servizo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta