Pontón compara a Yolanda Díaz con Rajoy: "Xa houbo un presidente galego e os feitos para Galicia non foron notorios"

A portavoz nacional do BNG resta valor ao nomeamento de Díaz como vicepresidenta e enmárcao nunha "estratexia partidista".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, referiuse este martes á situación da política estatal e ao anunciado futuro nomeamento da galega Yolanda Díaz, actual ministra de Traballo, como vicepresidenta segunda do Goberno. "Tiñamos un presidente que era de Pontevedra, que veraneaba en Sanxenxo e creo que os feitos para Galicia non foron notorios", apuntou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

A líder nacionalista apuntou que o que se está vivindo a nivel estatal son "estratexias partidistas ante unha contenda electoral na que cada organización política é libre de tomar as decisións á hora de situarse nesa contenda electoral".

Neste escenario, reflexionou acerca de que "Galicia ten moitos exemplos de políticos que estiveron nos gobernos que non supuxeron cambios para o noso país".

"Tiñamos un presidente que era de Pontevedra, que veraneaba en Sanxenxo e que os feitos para Galicia creo que non foron notorios. O relevante para nós é ter forzas políticas para defender os nosos intereses", sinalou Pontón.

A portavoz nacional do BNG tamén sostivo que o a "reflexión" que lle suscita esta situación é que "para as forzas españolas, o Estado español empeza e acaba en Madrid". "Cada vez é máis evidente", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manuela

Non se está pasando? Vexo pouca cordialidade se vostede se considera progresista. Comparar a Sra Díaz con Rajoy é sacar os pés do testo.