Temas: BNG

O BNG, contra os "tres macroproxectos" eólicos dunha compañía norueguesa en Galicia e O Bierzo

Statkraft quere explotar parques nas localidades de Rebordechao, Prada e Barxas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O BNG demandou que sexan descartados os tres "macroproxectos" de produción de enerxía eólica que a compañía estatal norueguesa Statkraft proxecta realizar nas localidades de Rebordechao, Prada e Barxas, situadas en Galicia e O Bierzo (León).

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: EP.

Así o reclama a formación frontista nunha batería de iniciativas rexistradas polo deputado no Congreso Néstor Rego, que solicita a articulación de mecanismos "correctores" nos procedementos de adxudicación de novos proxectos para que repercutan positivamente nos territorios onde se asintan.

"Tanto a localización, a dimensión, como a proximidade e mesmo o feito de que deberán compartir evacuación e que o desenvolvemento duns está vinculado aos outros fan que se deba considerar como un único proxecto", incidiu Rego.

Para o parlamentario nacionalista, a fragmentación dun parque eólico é "unha práctica fraudulenta" contra a que existe xa xurisprudencia e que debe ser atallada desde a regulación.

Como exemplo diso, Rego sinalou que existen "distintos casos" en Galicia nos que promotores de parques eólicos presentan estudos de impacto ambiental diferenciados para evitar "unha avaliación global" de "todo" o proxecto e así "eludir as garantías esixibles".

Por iso, o Bloque expresou o seu rexeitamento a este tres "megaproxectos" da compañía nórdica, postura que xustifica ante o que considera unha "grave e irreversible afectación sobre a calidade paisaxística, a fraxilidade e a vulnerabilidade" que carrexan as iniciativas.

Así mesmo, Rego tamén censurou que a tramitación deste proxecto leve a cabo "en plena situación de alarma socio-sanitaria e restricións" provocadas pola pandemia de covid-19.

Para o deputado, este feito "dificulta e impide directamente a adecuada difusión social e o contraste directo con todas as entidades e persoas afectadas".

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta