Galicia busca aliados pesqueiros noutras rexións europeas para influír nas negociacións entre Reino Unido e UE

Queda constituído o grupo de traballo posBrexit.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, presidiu a constitución do grupo de traballo posBrexit --no seo do Consello Galego de Pesca-- que traballará na elaboración dunha postura galega "coordinada" co sector pesqueiro e buscará aliados noutras rexións europeas afectadas.

Constitución do grupo de traballo posBrexit no Consello Galego de Pesca, presidido por Alberto Núñez Feijóo
Constitución do grupo de traballo posBrexit no Consello Galego de Pesca, presidido por Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

O presidente da Xunta destacou os informes nos que traballa Galicia para reivindicar a súa postura nas negociacións entre a UE e as autoridades británicas.

Así, trabállase nun estudo sobre o impacto económico ante a posible perda de intercambios de cota con países máis afectados polo recorte, á vez que se organizarán encontros con rexións costeiras atlánticas con intereses coincidentes con Galicia, como poidan ser Bretaña ou Irlanda.

Igualmente, referiuse a a elaboración, con colaboración coa Alianza Pesqueira Europea, dunha terceira declaración europea en defensa do sector tras o acordo do Brexit.

Tamén se presentarán emendas ao regulamento do fondo de axuste do Brexit para que se sufraguen os impactos indirectos na frota no Comité das Rexións e na Asemblea do Arco Atlántico.

Ademais, unha representación deste grupo de traballo acudirá ás reunións coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea e co presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, nas que se trasladará o impacto do Brexit en Galicia.

"En definitiva, seguiremos traballando para concretar as prioridades do sector, situar Galicia e, posteriormente, exportar as nosas propostas ás rexións europeas afectadas, co fin de expandilas á Comisión Europea", explica Núñez Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta