Denuncian pelotazo urbanístico en Sanxenxo

Un colectivo cidadá de Sanxenxo acusa a un grupo de empresarios valencianos próximos ó Goberno da Generalitat de estar detrás da empresa Mirador de Sanxenxo S.L,  creada o mes de maio de 2006 para a promoción dunha urbanización con campo de golf neste concello...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/01/2007 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

 Quen son os donos do «green»???

Os empresarios valencianos que construirán en Monte Faro (Sanxenxo)  son expertos en complexos de luxo. Desenvolven en Levante urbanizacións similares, non exentas de polémica urbanística

Un grupo de empresarios valencianos fíxose co 71% dun dos sectores do complexo residencial con campo de golf previsto en Monte Faro(Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño do Conseller popular de Agricultura da Generalitat Valenciana, Juan Cotino, escóndense detrás de Mirador de Sanxenxo S.L, empresa creada o pasado mes de maio para a promoción desta urbanización.

A familia Cotino, a través de distintas compañías, é experta na construción deste tipo de complexos residenciais. Os levantinos trouxeron a Sanxenxo o modelo valenciano de crecemento: baixa edificabilidade ligada á gran extensión de terreo que abarca e numerosas cesións e espazos verdes. As promesas de beneficio para os veciños da localidade van unidas á creación de vivendas sociais nos novos desenvolvementos urbanísticos. Os pisos de protección acaban finalmente sen adxudicarse debido a que o baixo volume construtivo permite eximir aos construtores desa obrigación.

No caso de Monte Faro, o Concello tamén lles librou desa carga. A oposición solicitou unha comisión de información e control para coñecer os pormenores desa decisión da alcaldía.Os negocios dos Cotino, con todo, non están exentos de polémica. As súas aspiracións construtivas contaron cunha especial oposición veciñal e política en dúas ocasións, en ambos casos en Concellos gobernados polo Partido Popular.

Espazo natural O campo de golf Coto de Catalá, en Llíria, cuxo plan foi aprobado polo pleno municipal o pasado 19 de xaneiro de 2006, prevé a construción dun green de 500.000 metros cadrados e 2.006 vivendas, ademais de hoteis, un club social e dotación comercial. A urbanización afectaba a un pequeno núcleo de casas, coñecido como Tos Pelat, que se opuxo desde o principio ao proxecto. Segundo o colectivo veciñal, o Concello de Llíria cualificou como chan urbanizable uns terreos de especial protección coñecidos Coto Catalá, en 2001, durante a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana do municipio.

A Consellería de Medio Ambiente opúxose ao plan e solicitou a modificación do mesmo. Por entón, a empresa Residencial A Maimona S.A, ligada a Vicente Cotino, xa adquirira a explotación agraria Roturaciones e Cultivos S. A, situada no futuro campo de golf. A comisión de urbanismo da Generalitat acabou finalmente por dar vía libre ao proxecto. Os promotores houberon de ceder terreos ao Concello, que foron catalogados como parque natural. A urbanización pasou de case 2.600 vivendas ás 2.006 definitivas. No caso dos piñeirais de Monte Faro, que contan cunha extensión próxima aos 200.000 metros cadrados, os terreos foron cualificados como urbanizables polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado definitivamente en febreiro de 2003 por Telmo Martín.

A asociación Ecoloxistas do Salnés e outras asociacións presentaron alegacións ao Plan esgrimindo que a operación atendía unicamente a intereses «exclusivamente económicos» e prognosticaba que os danos ocasionados pola edificación masiva na zona acabarían cun área de alto valor medioambiental. Entre os atractivos do lugar, Ecoloxistas do Salnés destacaba a cabeceira de ríos e regatos, o alto valor paisaxístico, agrícola e forestal, así como a presenza de elementos de protección de patrimonio.

O plan de urbanización de Monte Faro inclúe finalmente un parque forestal con especies autóctonas e un complexo arqueolóxico. Ronda á valenciana Os empresarios que hoxe construirán en Sanxenxo son tamén os adxudicatarios en Benissa (Alacante) dun proxecto similar ao que a Consellería de Política Territorial denegou ao alcalde, Telmo Martín; a circunvalación de Sanxenxo, máis coñecida como a Ronda. A empresa Ronda Norte, da que é presidente Vicente Cotino, resultou concesionaria do proxecto de urbanización. O Concello de Benissa, do PP, aprobou o plan dous días antes de que cambiase a Lei Urbanística Valenciana. O proceso de adxudicación foi denunciado pola oposición ante a Unión Europea por considerar que incumpre as normas comunitarias. De xeito parecido ao previsto por Telmo Martín en Sanxenxo, a circunvalación de Benissa prevé a apertura dun novo vial de 30 metros de ancho e 800 metros de longo.

En torno á avenida, aprobouse a construción de 2.000 novas vivendas.Ronda Norte foi defendida polo alcalde como unha alternativa necesaria para o desconxestionamento do tráfico da vila. A construción dunha nova variante, a 100 metros de distancia de plan dos Cotino, non paralizou as intencións do rexedor

Un saúdo ecoloxista desde

Salvemos Sanxenxo".

 

INFORMACIÓN SOBRE OS PROTAGONISTAS:.Magnates do golf en Sanxenxo

 Quen son os donos do «green»???

SAU 14: Monte Faro

¿QUE SUXEITOS ESTIVERON OU SE ATOPAN DIRECTAMENTE VINCULADOS O PROXECTO MONTE FARO?

Vicente COTINO FERRER

Vicente COTINO ESCRIVÁ

José COTINO ESCRIVÁ

Francisco COTINO SOLAZ

David PELLICER MORETÓ

Jesús Vicente GARCÍA PITARCH MARCO

Juan FLUIXÁ VALLÉS

JUAN GABRIEL COTINO FERRER (Conseller de Agricultura Pesca e Alimentación)

Empresario, Agregado do OPUS DEI e ex Delegado na Policía". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Cabalo

LA VOZ DE GALICIA se hace eco por primera vez de los negocios de Telmo y de la empresa de la familia Cuiña:

El ex alcalde popular de Sanxenxo Telmo Martín, acusado de prevaricación
13/01/2007

DENUNCIA POR RECALIFICACIÓN DE SUELO VECINAL

Enviar noticia Imprimir noticia

--------------------------------------------------------------------------------
• Texto de la noticia: Saltar a destacados
--------------------------------------------------------------------------------

(Lugar: j.v. | sanxenxo)
El ex regidor de Sanxenxo y candidato por el PP a la alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín, fue denunciado ayer ante en el juzgado de Cambados por un presunto delito de prevaricación por la recalificación de los terrenos frente a la playa de Baltar de Portonovo (Sanxenxo) en los que la empresa de la que Martín es socio, Construcuatro, compró tres parcelas por importe de 595.000 euros.

Las fincas, inscritas en el registro mercantil de Cambados como rústicas, fueron vendidas, una vez clasificadas como suelo urbano, por 2,8 millones de euros a la constructora de la familia de Xosé Cuíña Crespo, ex conselleiro popular de Política Territorial. La empresa de los Cuíña, Construziona Galicia, está levantando en esta zona, Baltar, un complejo residencial de más de cien viviendas.

La urbanización fue objeto de una paralización cautelar, ya levantada, por la supuesta invasión de un humedal. Dicho espacio se encuentra inventariado en al catálogo de zonas húmedas de Galicia elaborado por la Consellería de Medio Ambiente. Esta superficie fue calificada como suelo urbano por el Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado por el equipo de Telmo Martín y aprobado definitivamente en febrero del 2003.

Los terrenos adquiridos por Construcuatro se encuentran anexos a los de la antigua fábrica de Conservas Peña -hoy también propiedad de Construziona y parte fundamental del solar de la urbanización de Baltar-, sobre cuya titularidad existió una intensa polémica durante la redacción del Plan Xeral. Los vecinos de la parroquia de Adina (Portonovo) reclamaban la propiedad de los terrenos, en base a diferentes documentos. Otros informes los consideraban de titularidad municipal. En marzo del 2001, el Ayuntamiento de Sanxenxo encargó un estudio jurídico para determinar la propiedad del suelo.

Terrenos comunales

La denuncia, presentada por la asociación Salvemos Pontevedra, se apoya en el informe jurídico solicitado por el Concello, en el que se afirma: «Nos encontramos ante un monte común de los vecinos de la parroquia de Adina».

En julio del año 2005, siete meses después de vender sus fincas por 2,8 millones de euros, el ex alcalde firmó un convenio con la inmobiliaria que adquirió los terrenos para la construcción de un centenar de viviendas de lujo.

2 Xosé Manuel

Según Salvemos Pontevedra, podese encontrar narede, hai un expediente con resultado de derribo de un edificio na primeira liña de Silgar, por invadir mais da conta. Iste expediente, como outros, arquivouno o conselleiro de Pesca, en contra dos técnicos, que cometerían prevaricación si chegaran a firmar. Supoño que non ten nada que ver co arquivo que o promotor sexa o alcalde de Sanxenxo e propietario dun piso do edificios, o que os outros propietarios sexan o ex director xeral de vivienda, un exconselleiro, e o director dun coñecido diario galego.

Hay moitos técnicos que chegaron a plaza por oposición, que saben de este e outros casos, que foron posibles por que o PP governaba no concello, xunta e Madrid. Por que no se revisan os caixóns de Pesca e da COTOP?. Por qué os medios informan dun caso e non de outro?

1 Xosé Castro

La Confederación Intersindical Galega (CIG) anunció ayer que piensa recurrir ante la Fiscalía no sólo los «sobresueldos» a funcionarios que ocupan puestos de altos cargos y de libre designación en las consellerías de Medio Rural, Pesca y Medio Ambiente, sino también los que han recibido los de Sanidad.

Así lo confirmó a Europa Press el secretario del sector Autonómico, Manuel Gallardo Canitró, quien además anunció que el sindicato nacionalista tiene toda la documentación preparada para dar este paso, pero que esperarán a que las pagas extraordinarias sean aprobadas por el Consello de la Xunta.

Canitró justificó esta espera, ya que advirtió que, mientras tanto, son «supuestos hechos». Precisamente, lamentó que la Administración gallega no ofrezca esta información, que recordó que fue demandada por la CIG a la Consellería de Presidencia el pasado 19 de diciembre, «sin obtener, por el momento, ninguna respuesta, a pesar de la tan cacareada Lei de Transparencia».

La CIG censuró estos salarios engrandecidos, ya que recordó que estos funcionarios ya cuentan con un complemento «específico y de exclusividad» por esa labor que supone un «30 por ciento más por encima de su nómina». «Se dispendia y malgasta el erario público, lo que no es ético y sí reprobable», recriminó.