Por E.P. | A Coruña | 16/03/2021 | Actualizada ás 19:58
O corredor verde de Novo Mesoiro será unha realidade este verán, segundo sinalou a alcaldesa, Inés Rey, na presentación á veciñanza e escolaeres do barrio do proxecto para a creación dunha senda natural entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume.
Para o proxecto, os veciños e veciñas cederan os terreos, despois dunha reunión celebrada hai uns meses en que a asociación veciñal pediulle á alcaldesa a creación dunha zona de lecer para o barrio.
Sobre esta iniciativa, a rexedora sinalou que o corredor é "unha demanda histórica" que agora se "desbloquea". "Un proxecto que ten como obxectivo crear un espazo verde, garantir a accesibilidade a todas as persoas e mellorar a seguridade viaria", sinala o consistorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.