Prosegue a investigación para aclarar se a morte da muller en Cerceda foi accidental ou crime

A autopsia ao corpo da muller de idade avanzada achada morta cun golpe na cabeza concluíu que se trata dunha "morte violenta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A Policía Xudicial da Garda Civil prosegue coa investigación para aclarar se a morte dunha muller de idade avanzada atopada cun golpe na súa vivenda en Cerceda foi accidental ou un crime.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explicaron que este martes axentes recolleron probas no lugar onde foi achada a falecida e agora traballa no informe sobre o ocorrido. A autopsia ao corpo da muller de idade avanzada achada morta cun golpe na cabeza concluíu que se trata dunha "morte violenta", á espera de determinar se foi "accidental ou homicida", confirmaron fontes xudiciais.

Fontes xudiciais comentaron que o Xulgado de Instrución número 8 da Coruña está á espera de que as investigacións que realiza a Garda Civil "determinen se hai indicios de que fose unha morte homicida ou accidental".

Por tanto, en base ás pescudas do Instituto Armado, o xulgado instrutor da causa ordenará a práctica de dilixencias ou arquivará o caso sobre esta morte. As mesmas fontes xudiciais aclararon que o xulgado non decretou o segredo de sumario porque, polo momento, está á espera do informe da Garda Civil.

FEITOS

A falecida, duns 80 anos de idade, foi achada cun golpe na cabeza na súa casa da parroquia de Xesteda, no municipio coruñés de Cerceda. En concreto, a muller foi atopada falecida na mañá do luns e presentaba un golpe na cabeza. Por iso, a Garda Civil abriu unha investigación para aclarar o sucedido.

Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta