(Vídeo) Ecoloxistas en Acción esixen a recuperación da Ponte do Inferno no río Verdugo

O colectivo sinala que o dano sobre o río Verdugo "é cada vez máis irreversible".

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción solicita a Augas de Galicia a inmediata extinción da caducada concesión do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno e que se acometa a renaturalización e recuperación da libre circulación do caudal do río Verdugo.

Ponte Inferno
Ponte Inferno | Fonte: Ecoloxistas en Acción

A organización ecoloxista se suma á demanda da asociación A rente do chan e denuncia que as instalacións desta explotación "están obsoletas, desatendidas, e con defectos estruturais en instalacións auxiliares e na canle de derivación, recentemente apuntalada. Solicitan ademais que se avalie a estabilidade do muro de contención da presa.

 

Así, o colectivo sinala que o dano sobre o río Verdugo "é cada vez máis irreversible", e o tempo xoga "a favor das empresas infractoras e en contra do ben común, do Dominio Público Hidráulico e dos ecosistemas fluviais", sosteñen dende Ecoloxistas en Acción.

A INFRAESTRUTURA

A organización ecoloxista sinala que a concesión orixinal data de 1889, o que implica xurídicamente, segundo eles, que "se teñen rebasado as disposicións transitorias da Lei de Augas de 1985 e o seu texto refundido, e o establecido no noso Dereito Administrativo sobre as antigas concesións a 99 anos, pois son 131 anos os que leva en mans privadas".

Ademais, defende que esta circunstancia "implica, sen discusión algunha, a perda efectiva do carácter público do leito e caudal outorgados en concesión baixo a Lei de Augas de 1879, feito totalmente inaceptable".

Desta maneira, a infraestrutura converteuse nun "obstáculo infranqueable" ademais de "constituír unha trampa de sólidos que arrebata a reconstrucción natural do leito do río Augas Abaixo", denuncian Ecoloxistas en Acción.

Con respecto ao tránsito da fauna, o colectivo sostén que ao non haber as reixas necesarias na canle de derivación do río, a fauna síntese atraída polo forte caudal, superior con moito aos 7,14 m³/s da concesión, e toma o camiño equivocado.

"Interrompe, polo tanto, o tránsito da fauna tanto en sentido ascendente como descendente, e afecta gravemente á xeomorfoloxía do río Verdugo, degradándoo cada día que se prolonga a existencia do obstáculo", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta