Descenden a 463 os casos activos de covid-19 en centros educativos

As aulas clausuradas baixan a 19, catro menos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/03/2021 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --infantil e ensino non universitario-- reducíronse ata os 463 tras o lixeiro incremento da xornada anterior, o que supón 22 menos, mentres que as aulas clausuradas baixan a 19 --catro menos--.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Xunta, a Escola Infantil PAI de Tordoia, situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado en Galicia debido a un positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a da Coruña aglutina o maior número de casos activos en centros, con 185, o que supón 18 menos que os datos difundidos este martes. Ademais, mantén seis aulas pechadas.

En canto á de Ferrol redúcense en catro os casos activos ata os 63 e mantén o CPR Tirso de Molina de Ferrol, con 34 positivos, como o centro coa maior cifra de positivos de Galicia tras un cribado realizado entre alumnos e profesores asintomáticos. Así mesmo, na área ferrolá mantéñense cinco aulas pechadas.

A área sanitaria de Vigo conta con 77 contaxios --tres máis-- e con tres aulas pechadas --dúas menos--; mentres que a de Pontevedra reduce a 46 os seus casos activos --tres menos-- e a dous as aulas pechadas --unha menos--.

En canto á de Santiago, soben a 40 os casos activos --un máis-- e continúa sen aulas inoperativas, pero segue como a única área de Galicia cun centro pechado --a Escola Infantil PAI de Tordoia--.

As áreas de Lugo e Ourense sitúanse como as de menor incidencia. Así, a lucense concentra 32 casos --un máis-- e unha aula pechada --sen cambios--, mentres que na de Ourense baixan a 20 os positivos --dous menos-- e dúas aulas inoperativas --unha menos--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta