A covid non dá respiro e suma xa 2.310 falecidos

A Xunta comunicou catro novos falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas informaron doutros catro falecementos de persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a 2.310 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia en Galicia.

Así, Sanidade informa o falecemento na pasada xornada dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); así como da morte no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña dde unha muller de 95 anos e un home de 71.

Este mesmo mércores, notifícase o falecemento dun home de 81 anos no Chuac. Todos os falecidos presentaban patoloxías previas.

Evolución dos falecidos con covid-19 en Galicia.. EPDDATA
Evolución dos falecidos con covid-19 en Galicia.. EPDDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta