Verín incentiva a creación literaria entre o alumnado de Primaria e ESO

O concello convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o Día das Letras Galegas.

Por X.M. Fernández | Verín | 22/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín aposta por fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, e con este obxectivo vén de convocar, coa colaboración de Gadis, o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

Gala Letras Galegas (arquivo). Foto: Prensa Concello de Verín
Gala Letras Galegas (arquivo). Foto: Prensa Concello de Verín

Poderán participar mozas e mozos matriculadas/os en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

Os relatos e os poemas deberán ser inéditos, de temática libre, en galego e presentado con título ou lema. Os textos preseleccionados en cada centro enviaranse por correo electrónico a cultura@verin.gal, antes das 12 h do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán [Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO]).

En cada unha das categorías entregaranse os seguintes premios90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto, e todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diplome un lote de libros.

O Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos e poemas premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren seis dos exemplares publicados. 

A entrega de premios terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas.

Os detalles específicos destes dous certames poden consultarse nas BASES que publica o concello na súa web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta