Podo saír a facer deporte se non estou federado? Depende do concello no que esteas

A Xunta anuncia tres niveis de restricións para a práctica deportiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A última orde de medidas para a contención do coronavirus publicada no DOG, que entrará en vigor este venres, establece tres niveis para a práctica de deporte non federado, segundo a situación do municipio en cuestión. En concreto, nos concellos en nivel máximo de restricións, a práctica de actividade deportiva non federada "só poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre", de forma individual ou con persoas convivientes.

Así mesmo, nos municipios en nivel de restricións alto e medio, a práctica deportiva ao aire libre poderá ser realizada de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, ata un máximo de seis persoas simultáneas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor. Nas instalacións pechadas, os grupos serán de catro persoas, máis o monitor, sen superar o 30% de capacidade máxima.

Finalmente, nos concellos en nivel de restricións baixo, o deporte ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de seis persoas, máis o monitor. O deporte en interiores será en grupos máximos de catro persoas máis o monitor e non se poderá superar o 50% da capacidade do recinto. En todos os casos, a máscara será obrigatoria.

Unha persoa corre en solitario e con máscara no paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Unha persoa corre en solitario e con máscara no paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta