A CSIF e a CIG demandarán á Xunta por levar "10 anos sen convocar o concurso de traslados do persoal laboral"

Esta situación, denunciaron, provoca "gravísimos prexuízos aos traballadores" e ademais desemboca en "graves incumprimentos da normativa vixente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

CIG e CSIF presentarán unha demanda xudicial contra a Xunta porque "leva 10 anos sen convocar o concurso de traslados do persoal laboral", o que, dixeron, supón un "reiterado incumprimento do convenio colectivo".

Nun comunicado, as centrais sindicais, que tomaron esta decisión tras as "reiteradas solicitudes" presentadas, remarcaron que o convenio "establece que os concursos serán convocados anualmente"; con todo, a Xunta leva unha década "sen convocar un concurso para o persoal laboral".

Así, aseguraron que o persoal laboral do grupo V "leva sen convocatoria do concurso de traslados desde o ano 2011", e no caso dos grupos I a IV, "desde o ano 2012". Esta situación, denunciaron, provoca "gravísimos prexuízos aos traballadores" e ademais desemboca en "graves incumprimentos da normativa vixente".

incomprensible que a Xunta pretenda convocar e resolver procesos de funcionarización ou procesos selectivos de acceso libre, estabilización ou de promoción interna sen convocar previamente un concurso de traslados que garanta os dereitos dos traballadores á mobilidade e o cambio de categoría", remarcaron.

"Temos abundantes exemplos, como a adxudicación en destino provisional de postos de traballo ás persoas aspirantes que superaron procesos de acceso libre ou promoción interna, cando o convenio colectivo establece taxativamente que ten que ser destino definitivo", selaron.

A todo iso engadiron que, "coa non convocatoria dos concursos de traslados, a Xunta tamén está a incumprir o acordo sobre o incremento de prazas da OPE 2016", que establece que a Administración debe "convocar un concurso de traslados para persoal laboral fixo dos grupos IV e V antes da toma de posesión do novo persoal das categorías convocadas na OPE de 2016".

Concentración de funcionarios en la explanada de la Xunta en San Caetano
Concentración de funcionarios en la explanada de la Xunta en San Caetano

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta