O Concello da Coruña e Institucións Penais colaboran na reinserción de condenados

39 pesoas realizarán actividades de utilidade pública no concello.

Por E.P. | A Coruña | 18/03/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o secretario xeral de Institucións Penais do Ministerio do Interior, Ángel Luís Ortiz, asinaron un convenio de colaboración para que 39 pesoas condenadas presten actividades de utilidade pública no concello dentro do seu ámbito competencial e en beneficio da comunidade.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o secretario xeral de Institucións Penais do Ministerio do Interior, Ángel Luís Ortiz,  asinan un convenio de colaboración para a reinserción de persoas condenadas
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o secretario xeral de Institucións Penais do Ministerio do Interior, Ángel Luís Ortiz, asinan un convenio de colaboración para a reinserción de persoas condenadas | Fonte: Europa Press

Este acordo trae implícita a creación dunha comisión de seguimento dos traballadores que ocuparán postos de axudantes de estación, de peóns de mantemento e como persoal de apoio nas conserxerías dos mercados municipais e centros cívicos, "sen que isto implique un impacto negativo nas prazas actuais e futuras que ofreza a Administración local", informa o consistorio.

Neste aspecto, a alcaldesa destacou que unha medida deste alcance "non podería levarse a cabo sen a cooperación estreita entre ambas as institucións e sen o rigor e seguimento que realiza Institucións Penais". O Concello parte destas 39 vacantes, "pero a idea é darlle continuidade ao programa no futuro", informa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta