A Xunta aínda non administrou o 20% das vacinas recibidas

Galicia administrou un total de 370.076 dose de vacinas, do total de 464.875 recibidas das distintas casas farmacéuticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia administrou un total de 370.076 dose de vacinas, o que supón case o 80% --un 79,6%-- do total de 464.875 recibidas das distintas casas farmacéuticas. Ata o momento, Galicia recibiu 464.875 doses de vacina contra a covid-19, das que 313.675 correspóndense con Pfizer, 41.400 con Moderna e 109.800 con AstraZeneca.

A administración de AstraZeneca suspendeuse pero este mesmo xoves confirmouse que se volverá a retomar a partir do mércores da semana que vén en España, aínda que en Galicia a data aínda non está pechada. En Galicia completaron a pauta un total de 108.250 persoas.

Vacinación en Santiago de Compostela
Vacinación en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta