A Deputación de Pontevedra reivindica este domingo ás poetas feministas da historia

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/03/2021 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Unha homenaxe ás poteas da historia a través da voz de mulleres poetas da provincia, feministas e activistas desde a palabra. Esta é a proposta coa que a Deputación de Pontevedra prevé celebrar de forma virtual este domingo, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía, que terá como lema 'Nós tamén navegar!', en referencia ao verso feminista por excelencia de Xohana Torres.

A conmemoración terá como protagonistas ás escritoras Yolanda Castaño, Dores Tembrás, María Xosé Queizán e Chus Pato, e cada unha delas fará un recitado poético en formato vídeo que ao longo da xornada serán difundidos, nunha acción colectiva, a través das redes sociais da Deputación.

A acción enmárcase na programación deste mes de marzo, baixo o paraugas do 8M e o título 'Reivindicando na Escrita', e nela tamén participará a presidenta provincial, Carmela Silva.

Xohana Torres.
Xohana Torres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta