Extinguido o primeiro gran lume do ano tras queimar 40 hectáreas en Santiago

A Xunta di que o incendio está xa estabilizado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio forestal rexistrado este sábado no concello de Santiago de Compostela, concretamente na parroquia de Figueiras. O incendio orixinouse ás 5,50 horas e, segundo as últimas medicións proporcionadas afectou a unha superficie dunhas 40 hectáreas, 10 arboredos e 30 de monte raso.

Fume no Monte Pedroso nun lume preto da zona de Figueiras
Fume no Monte Pedroso nun lume preto da zona de Figueiras | Fonte: W.B.

Quedou controlado sobre as 12,30 do mediodía e no lugar traballaron ata o momento catro axentes, nove brigadas, seis motobombas, unha pa e catro helicópteros. A Consellería lembrou ademais que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta