O BNG reclamará no Parlamento máis recursos en Atención Primaria para "normalizar" a presencialidade

A formación nacionalista propón protocolos "claros e unificados" para todo o Sergas e un plan de ordenación de recursos humanos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para "normalizar" a presencialidad e "mellorar" a Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde. Para iso, a formación ve "urxente" dotar á sanidade de máis "recursos".

A portavoz sanitaria do Bloque na Cámara, Montse Prado, defenderá así a posta en marcha dun plan de mellora da Atención Primaria, xa que "pode chegar a un nivel de non retorno se non se actúa de inmediato".

"A Xunta está desescalando a actividade económica, lúdica e social, polo que non hai ningunha xustificación para non facer o mesmo coa atención sanitaria e empezar pola Atención Primaria", recalca Prado, en declaracións aos medios. A deputada do BNG lembra que, un ano despois do inicio da pandemia, calquera patoloxía distinta da covid-19 "require semanas de espera" cunha porcentaxe de atención presencial "que non chega ao 50 por cento".

Por iso, Prado advirte que "non é posible atender a unha situación excepcional como a actual" sen "máis recursos" e "obrigando aos profesionais a traballar con déficits de persoal e cada vez máis esgotados".

REDUCIR LISTAS DE ESPERA E COLAS

Ante esta situación, o BNG propón no Parlamento "normalizar" a atención presencial a través dun incremento do número de profesionais e implementando protocolos preventivos. Deste xeito, poderíase "dar resposta" ás necesidades sanitarias da cidadanía e acabar "coas listas de espera e as colas ás portas dos centros de saúde".

Paralelamente, Montse Prado defende que haxa un protocolo "claro e unificado" para que todos os centros de Atención Primaria garantan un acceso "equitativo": "Hai que definir claramente que se atende presencialmente e que por teléfono". Tamén propón un plan de ordenación de recursos humanos para identificar as prazas necesarias que consigan acabar "coa sobrecarga" actual e a "precariedade laboral".

A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, ofrece unha rolda de prensa na Cámara galega
A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, ofrece unha rolda de prensa na Cámara galega | Fonte: Europa Press

Entre as demandas do Bloque levadas ao Parlamento inclúese o compromiso de aumentar progresivamente o orzamento para Atención Primaria ata o 25 por cento e a creación de Xerencias propias con "capacidade de decisión" de recursos tanto económicos como humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta