Cinco incendios calcinan máis de 45 hectáreas cando aínda non rematou o inverno

O máis grande foi o de Santiago, cunhas 40 hectáreas arrasadas, aos que se suman outro catro menores en Arzúa, Outes, Quiroga e O Porriño

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 20/03/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural rexistrou ao longo da xornada deste sábado cinco incendios forestais en Galicia, os primeiros da tempada, que en total calcinaron 45,2 hectáreas de superficie antes de quedar extinguidos.

O primeiro deles e o máis grande correspóndese co de Santiago de Compostela. Foi declarado na parroquia de Figueiras sobre as 5,50 horas da madrugada e quedou apagado ás 15,11 horas. Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 40 hectáreas: 10 arboredos e 30 de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.

Con todo, ademais do da capital galega, Medio Rural notificou este sábado outros catro lumes menores noutros tantos concellos: Arzúa (A Coruña), Outes (A Coruña), Quiroga (Lugo) e O Porriño (Pontevedra).

En Arzúa, sobre as 13,56 horas foi declarado un incendio na parroquia de Figueroa que calcinou 3,5 hectáreas de arboledo ata a súa extinción ás 18,30 da tarde. No lugar traballaron catro axentes, seis brigadas, tres motobombas, dous avións e un helicóptero.

En canto ao de Outes, que afectou a 1,35 hectáreas de monte arboledo da parroquia de Outeiro, comezou ás 12,43 horas e quedou apagado sobre as 16,40. No operativo participaron un axente, tres brigadas e dúas motobombas.

En Quiroga, parroquia de Vilarmel, un incendio declarado sobre as 16,29 quedou apagado ás 17,20 tras arder 0,3 hectáreas de raso; mentres que no Porriño, na parroquia de Mosende, un lume arrasou 0,05 hectáreas de abrolado entre as 15,31 e as 17,01.

Un bombeiro apaga o incendio forestal na parroquia de Figueriras en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 20 de marzo de 2021. O incendio, xa estabilizado, orixinouse ao redor das 6 da madrugada e este mediodía xa afectaba a un s. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un bombeiro apaga o incendio forestal na parroquia de Figueriras en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 20 de marzo de 2021. O incendio, xa estabilizado, orixinouse ao redor das 6 da madrugada e este mediodía xa afectaba a un s. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

QUEIMAS PROHIBIDAS

Dadas as condicións meteorolóxicas, con vento, que favorecen o risco de incendio, a Consellería do Medio Rural prohibiu desde a media noite do pasado venres as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares.

Nun comunicado, o departamento autonómico explicou que esta prohibición implica tamén que "quedan en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e as autorizacións de queima carecerán de validez desde o momento da prohibición".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta