A maioría das solicitudes para o máster de profesorado son rexeitadas nas tres universidades galegas

A oraganización de alumnos "Erguer" apunta as "desigualdades" que xera esta situación no alumnado galego e instan tanto ás universidades como á Xunta a permitir a ampliación desta oferta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Tres de cada catro estudantes que optan a cursar o máster de profesorado acaba sen praza nas tres universidades galegas. Un estudo elaborado pola organización de alumnos 'Erguer' e difundido pola CIG-Ensino revela o desaxuste entre a oferta e a demanda nesta formación obrigatoria para poder impartir aulas.

O sistema universitario galego ofertou este curso un total de 775 prazas repartidas entre as tres institucións académicas, ás que optaron 3.298 persoas, o que supón unha demanda 4,5 veces superior á oferta destas entidades.

Este desaxuste afecta principalmente as universidades de Santiago e Vigo. A USC contou cunhas 1.045 solicitudes para un total de 261 prazas, 201 en Compostela e 60 no campus de Lugo, mentres que en Vigo foron 1.708 solicitantes para 280 prazas.

A Coruña, pola súa banda, conta con cifras máis equilibradas, aínda que a demanda duplica a oferta de prazas (545 solicitudes e para unha oferta de 234). Tanto a CIG como 'Erguer' fixeron un chamamento á reflexión das universidades galegas, pois a falta de oferta en Galicia obriga aos estudantes a cursar estes estudos en institucións privadas a pesar de tratarse dun paso obrigatorio para poder acceder á docencia no ensino público.

Neste sentido, lamentaron as "desigualdades" que xera esta situación no alumnado galego e instaron tanto ás universidades como á Xunta a permitir a ampliación desta oferta, sobre todo ante as posibilidades de inserción laboral e as xubilacións previstas para os próximos anos.

Un profesor dando clase.. UPNA
Un profesor dando clase.. UPNA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta