Aetinape censura que os gobernos deixen fóra do plan de vacinación ao persoal embarcado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueiros (Aetinape) censurou que os gobernos, tanto o central como os autonómicos, deixen fóra do plan de vacinación ao persoal embarcado, un colectivo que, segundo defende, tivo durante pandemia "unha dedicación esencial para a economía mundial".

A plataforma, nun comunicado, censura que "só" Canarias e País Vasco respondesen ás solicitudes de Aetinape, que demanda que as tripulacións de buques mercantes e pesqueiros sexan vacinadas antes de partir.

Entre os argumentos que esgrime o colectivo está o papel destes profesionais no abastecemento alimentario e de mercadorías, ademais de que conviven en espazos "moi reducidos" e "ás veces con escasa ventilación", o que dificulta o cumprimento dos protocolos de covid-19.

"Consideramos que o propio sistema debe ter en conta que para unha persoa que se embarca é moi complicado que a atendan nun hospital o máis axiña posible, posto que na maioría das ocasións os barcos atópanse a varios días do porto máis próximo", sinala Aetinape, que tamén fai referencia a que "moitas" frotas españolas faenan en países en vías de desarollo "cuxa sanidade non ofrece as mesmas garantías" que a de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta