Martín Códax convida a vivir ‘experiencias enodixitais’

A coñecida adega galega vén de estrear a súa ‘Aula Virtual’, un xeito de gozar do viño e da gastronomía sen saír da casa.

Por X.M. Fernández | Cambados | 24/03/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

En Bodegas Martín Códax non deixan de innovar e buscar solucións para que a Covid19 non sexa un impedimento para manter o contacto co mundo do viño.

Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax
Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax

Partindo deste obxectivo veñen de estrear unha ‘Aula Virtual’ para que os/as amantes do viño teñan á súa disposición diferentes experiencias nas que se inclúen catas privadas, cursos de cata e incluso unha versión online dos “Encontros de Códax”.

Búscase que a imposibilidade de reunións e a distancia non sexan atrancos para vivir momentos de goce e satisfacción para aqueles e aquelas que teñen paixón polo mundo do viño.

Trátase, pois, dun exercicio innovador de reinvención do enoturismo adaptado á nova realidade pandémica que nos toca vivir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Martón

Supoño que convidará a "experiencias enodiGitales", a páxina de Codax todo en castelán, bufff!