Os hoteis galegos continúan en caída libre malia o inicio do Xacobeo

En febreiro rexistraron unha caída do 75% nas pernoctacións, 5 puntos por debaixo da media estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/03/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

As pernoctacións en establecementos hoteleiros situáronse en 97.931 en febreiro en Galicia, o que supón un descenso do 74,89% respecto ao mesmo mes de 2020, case 12 puntos por baixo da caída rexistrada pola media, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, os viaxeiros durante o segundo mes do ano na comunidade galega alcanzaron os 40.588, isto é, un 80,39% menos que no mesmo período do ano anterior. Pola súa banda, os prezos hoteleiros baixaron un 11,35% en Galicia en febreiro, fronte ao 14,36% que se reduciron no conxunto estatal, e a tarifa media diaria (en 42,9 euros na comunidade), diminuíu un 17,47%. Os ingresos por habitación dispoñible fixáronse en 6,15 euros, un 64,09% menos.

No conxunto estatal, as pernoctacións en establecementos hoteleiros superaron a cifra de 2,3 millóns en febreiro, o que supón un esborralle do 86,5% respecto ao mesmo mes de 2020, por encima da caída que sufriran en xaneiro (-85%).

O hotel de Ceetrus, en Vigo. CEETRUS
O hotel de Ceetrus, en Vigo. CEETRUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta