A Policía Nacional aplicará un dispositivo especial de vixiancia durante Semana Santa

Este dispositivo centrarase en cuestións como asegurar o peche perimetral da comunidade, vixiar áreas costeiras e de segundas residencias e controlar o cumprimento de medidas en hostalaría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, iniciou este martes o desenvolvemento do dispositivo especial de vixilancia que a Policía Nacional desenvolverá durante a Semana Santa, que se centrará en cuestións como asegurar o peche perimetral da comunidade, vixiar áreas costeiras e de segundas residencias e controlar o cumprimento de medidas en hostalaría.

Durante unha reunión, Javier Losada repasou coas persoas titulares das comisarías a actividade desenvolvida durante este ano de pandemia e agradeceu o esforzo dos axentes para o control das restricións.

De cara á Semana Santa, incidiu na necesidade de incrementar o apoio á hostalaría para o cumprimento de medidas, o control do peche perimetral de Galicia e a vixilancia de áreas de segundas residencias, vacacionais e costeiras para evitar desprazamentos non autorizados. Os operativos desenvolveranse en colaboración coa Garda Civil.

Control policial na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença, en Pontevedra /  Europa Press / Europa Press
Control policial na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença, en Pontevedra / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta