Temas: RíOS AUGA ENCOROS

Os encoros galegos teñen unha reserva hidráulica que ascende ao 82,6%

A área Miño-Sil, a máis caudalosa, rexistran 2.509 hectómetros cúbicos. Os encoros de Galicia Costa rexistran 558 hectómetros cúbicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan cunha reserva hidráulica de 3.067 hectómetros cúbicos --21 máis que a semana pasada--, o que supón o 82,6% da súa capacidade total.

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros da conca de Miño-Sil, a máis caudalosa, rexistran 2.509 hectómetros cúbicos (no 82,8%), 18 hectómetros cúbicos máis que a anterior semana.

Esta cifra en Miño-Sil é inferior que a había á mesma altura do ano anterior, aínda que é superior á media dos últimos 10 anos.

No tocante aos encoros de Galicia Costa, sitúanse ao 81,6%, 558 hectómetros cúbicos. Igualmente, é un dato inferior a 12 meses antes, aínda que supera a media da década.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: RíOS AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta