Levantadas as restricións de voos con Reino Unido

O Consello de Ministros mantén a prohibición a voos desde Brasil e Sudáfrica.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 23/03/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros acordou este martes levantar as restricións de voos procedentes de Reino Unido en vigor desde finais de decembro para frear a chegada da variante británica do coronavirus, pero manterá as medidas neste mesmo sentido impostas aos voos desde Brasil e Sudáfrica.

Aeroporto da Coruña
Aeroporto da Coruña | Fonte: Europa Press.

Segundo explicou a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, só se estenden as limitacións dos voos con Sudáfrica e Brasil mentres que no caso de Reino Unido pódese "normalizar" a situación conforme ás medidas en vigor no espazo Schengen. Ditas medidas, lembrou, pasan por ter unha PCR negativa realizada 72 horas antes de viaxar.

Polo que se refire a Sudáfrica e Brasil, acordouse a cuarta prórroga da medida adoptada o pasado 2 de febreiro, polo que a limitación estará en vigor por agora ata o próximo 13 de abril.

A decisión tomouse en base á existencia en ambos os dous países de novas variantes do coronavirus aínda que, subliñou Montero, teñen "pouca prevalencia" en España e o que está tentado o Goberno é "evitar que cambien a epidemioloxía" no país.

Por outra banda, Montero considerou que as imaxes de turistas en Madrid "son anecdóticas" pero recoñeceu que "non van ben" respecto da imaxe de "destino seguro" que se quere ofrecer de España. "Non responden á realidade do comportamento dos cidadáns", subliñou, felicitando á gran parte da poboación polo seu "comportamento cívico e exemplar" nos últimos meses.

"España é un país seguro que está a seguir a machada as recomendacións da OMS e os expertos", sostivo, asegurando que "cando se decida abrir ao turismo internacional seremos un dos destinos máis seguros porque temos un dos mellores sistemas sanitarios do mundo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta