A Xunta mantén a Maside e incorpora a Beade en nivel de alerta máxima

Establece o nivel alto para os municipios de Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona. e

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade, que a pasada semana non estaba entre os de máis riscos, e Maside --que xa estaba-- teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.  Deste nivel máximo saen os concellos de sde el próximo de Vilardevóse Paradela.

Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade
Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade | Fonte: Europa Press - Arquivo

Ademais, este comité do Sergas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón.

Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta