Nova liña de axudas ao aluguer para persoas afectadas pola crise

Serán en total 2,2 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/03/2021 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que no próximo mes de abril a Xunta lanzará unha nova liña de axudas para apoiar os gastos derivados do aluguer dunha vivenda a colectivos en situación de especial vulnerabilidade pola COVID-19.

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer | Fonte: Europa Press.

En resposta a unha interpelación do BNG no pleno celebrado este mércores no Parlamento de Galicia, lembrou que esta iniciativa xa se puxo en marcha o ano pasado e que alcanzou a 1.091 persoas. Ademais, indicou que, no marco do Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, este mes convocaranse subvencións para apoiar o pago de alugueres por valor de 2,2 millóns de euros e precisou que as xa concedidas beneficiaron a 5.000 galegos.

Adicionalmente, concretou que estas liñas permitirán complementar o 'Bono Social de Alugueiro', destinado aos colectivos con maiores dificultades económicas, no que se invisten 1,5 millóns de euros. Tamén sinalou que recentemente se convocaron axudas en termos similares para vítimas de violencia de xénero dotadas con 2,7 millóns de euros.

Neste sentido, a conselleira remarcou que a Xunta dispón de 3.700 vivendas públicas destinadas ao aluguer social e que o custo mensual das enmarcadas no plan Rexurbe sitúase en 100 euros.

Así mesmo, avanzou que se convocarán de novo este ano axudas a promotores privados e concellos que cubrirán ata o 50% do investimento en función do custo do aluguer e a retribución dos inquilinos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta