O Sergas prepara un cribado en Beade este venres, cando entra en nivel máximo de restricións

Será no centro de saúde do concello, cunhas 150 persoas convocadas de 18 a 74 anos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 24/03/2021 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco realizará este venres un cribado no concello de Beade, na xornada en que entrará en nivel máximo de restricións tras a revisión dos datos epidemiolóxicos realizada na reunión do Comité clínico deste martes pasado.

Un cribado en Galicia
Un cribado en Galicia | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Segundo informou a área sanitaria ourensá, este cribado terá lugar con probas PCR este venres ás 15,00 horas no centro de saúde do concello cunhas 150 persoas convocadas de 18 a 74 anos.

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da Covid-19 en Galicia decidiu na reunión deste martes pasado deixar unicamente no nivel máximo de restricións os concellos ourensáns de Beade e Maside, que así vivirán o arranque da Semana Santa en peche perimetral.

Por tanto, en caso de manterse as medidas ata agora ditadas para este nivel, estes municipios quedarán desde a medianoite do xoves ao venres pechados perimetralmente e dentro deles, prohibidas as reunións de non conviventes en calquera ámbito. A hostalaría permanecerá pechada salvo para recollida e servizo a domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta