O BNG acusa de "kamikaze" a política eólica da Xunta por buscar que os beneficios das empresas sexan "máximos"

O vicepresidente segundo Francisco Conde, sostivo na súa intervención que todo proxecto eólico debe ser sometido a un procedemento de avaliación ambiental ordinario, o instrumento que achega "máis garantías".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

O BNG cualificou de "política kamikaze" as actuacións administrativas desenvolvidas para o sector eólico pola Xunta de Galicia, que, pola súa banda, defendeu que o marco normativo para este tipo de proxectos segue un "respecto escrupuloso" polo medio ambiente e a Rede Natura.

Así respondeu o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, a unha interpelación parlamentaria presentada pola deputada do BNG Noa Presas no pleno ordinario celebrado este mércores na Cámara galega, onde a parlamentaria nacionalista instou ao Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo a actuar "como o goberno de Galicia e non como o goberno do lobby eléctrico".

Unha intervención da representante do Bloque que foi tachada de "incerta" e "partidista" por parte de Conde, que acusou á formación frontista de estar "contra" o desenvolvemento industrial na Comunidade galega polas súas críticas ao desenvolvemento de iniciativas de enerxía eólica.

Uns proxectos que, segundo Conde, contan en Galicia cun marco normativo que garante unha planificación territorial con "respecto escrupuloso" polo patrimonio natural e as actividades económicas das zonas onde se asintan nun radio de 15 quilómetros.

O vicepresidente segundo da Administración autonómica sostivo na súa intervención que todo proxecto eólico debe ser sometido a un procedemento de avaliación ambiental ordinario, o instrumento que achega "máis garantías".

Como "exemplo" de que estes mecanismos de control "funcionan", Conde sinalou que dos 18 parques que entraron en funcionamento en 2019, dez xa sufriron cambios, ben por informes de patromonio cultural, conservación ou por cuestións enerxéticas ou urbanísticas.

CRÍTICAS DO BNG

"Preocúpanos que o único que están a ter en conta á hora de implantar este modelo é que os beneficios das empresas sexan máximos", espetou Presas, que afeou a Conde que se pronunciou sobre a "fragmentación" de parques eólicos, un asunto sobre, como lembrou, "xa existen" sentenzas xudiciais.

"Co seu modelo kamikaze calquera centímetro do país é susceptible de acoller un plan",
sentenciou Presas, que acusou á Xunta de "pór por diante" o desenvolvemento de proxectos empresariais á conservación do patrimonio.

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno da Cámara. XUNTA
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno da Cámara. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta