O PP de Pontevedra: "Se Ence pecha, non hai plan B para 5.000 familias"

"Parece que o Concello cre que pór na rúa a 5.000 familias", denuncia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/03/2021 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polos concelleiros Pablo Fernández e Pepa Pardo, reuniuse cos delegados do comité de fábrica de Ence. "Se a empresa pecha, non hai plan B; 5000 familias vanse na rúa", asegura.

"Nestes momentos tan dramáticos de crises, é cando máis temos que apostar pola creación de emprego, pero BNG e PSOE propuxéronse destruír o traballo que hai na cidade", censura.
Remarca que case 250 empresas de Pontevedra dependen da fábrica de Ence. "Parece que o Concello cre que pór na rúa a 5.000 familias é a solución para que a cidade deixe de encabezar a taxa de paro máis alta do sete cidades galegas", explicou o popular na reunión. "A empresa non se vai, á empresa bótana", critica.

Avisa de que haberá un impacto "demoledor" na cidade do Lérez se chega a pechar Ence. Domínguez comprometeuse a trasladar as inquietudes dos traballadores á Xunta de Galicia. Con todo, recalcou que para evitar o peche de Ence "a única solución é que o Goberno central modifique unha frase do artigo 18 da Lei para o Cambio Climático, pero nin o Goberno nin o Concello están polo labor".

Rafa Domínguez en reunión con comité de Ence. PP
Rafa Domínguez en reunión con comité de Ence. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta