O alcalde de Ourense cesa ao asesor Félix Álvarez logo da polémica sobre presións a unha edil para deixar a acta

O rexedor municipal considerou que se o asesor tiña "esa sintonía" con alguén que os traizoou, debía examinar "a fondo" o ocorrido para ver se "hai que tomar unha decisión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), cesou ao seu asesor e primo, Félix Álvarez, vinculado á polémica sobre as presións a outra concelleira para que abandonase a acta a cambio de facilitar un cargo na Deputación.

O rexedor municipal destituíu a Félix Álvarez despois de que saísen á luz conversacións nas que se escoita ao entón asesor dicirlle á concelleira María Dibuja que o alcalde a obrigou a realizar a chamada --en referencia a unha conversación na que Álvarez lle pedía que dimitise como edil a cambio de facilitar un cargo na institución provincial--.

Despois desa acusación por suposto chantaxe, o rexedor municipal considerou que se o asesor tiña "esa sintonía" con alguén que os traizoou, debía examinar "a fondo" o ocorrido para ver se "hai que tomar unha decisión". Todo iso tras dubidar que o seu asesor participase "nunha suposta montaxe" e subliñar que se trataba dunha persoa de confianza. "Iso si sería moi grave", dixo.

Este mércores e sen concretar cal foi o motivo de levar adiante esta decisión, Gonzalo Pérez Jácome informou de que destituíu como traballador eventual a un dos seus colaboradores habituais. En concreto, xa fora asesor de Democracia Ourensana cando o partido aínda estaba na oposición e foi contratado ao comezo deste mandato como auxiliar político.

Ademais, a decisión chega dous días despois de que o nome de Félix Álvarez aparecese entre os candidatos para formar parte do persoal de traballadores do concello como conserxes en centros educativos ou en albergue de transeúntes.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta