Asume dous anos de cárcere e cinco de liberdade vixiada por abusar sexualmente da súa sobriña

"A preocupación da menor por manter a unidade familiar impediu a clara expresión da sintomatoloxía derivada dos feitos", segundo o escrito fiscal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O home acusado de abusar sexualmente da súa sobriña menor de idade durante polo menos catro anos, cuxo caso se xulgou este xoves na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, asumiu dous anos de cárcere e cinco de liberdade vixiada, coa obrigación de participar nun programa de educación sexual.

Así o trasladaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisaron que, no marco do acordo de conformidade alcanzado, tamén se lle impuxo a prohibición de comunicarse por calquera medio e aproximarse a menos de 300 metros da vítima durante tres anos.

Así mesmo, deberá abonar unha indemnización de 1.000 euros. Para pechar a pena tivéronse en conta as atenuantes de dilacións indebidas e de reparación do dano. Fiscalía pedía inicialmente cinco anos de prisión e 10.000 euros de indemnización para o acusado deste caso, que procede do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

Segundo o escrito fiscal, a menor conviviu esporadicamente co acusado en casa dos avós maternos ou ben na casa do propio acusado, quen, "con ánimo de satisfacer os seus instintos sexuais e consciente do prexuízo á indemnidade e liberdade sexual da moza realizoulle en repetidas ocasiones tocamentos nos xenitais, nos peitos e chupoulle as mamilas".

Os feitos ocorreron desde que contaba con oito anos de idade e prolongáronse, aproximadamente, ata que cumpriu 12 ou 13 anos. A menor recibiu asistencia psicolóxica en relación aos feitos relatados pois sufriu "sentimentos de vergoña e culpa así como un conflito e preocupación sobre se este feito podía dividir á familia".

"É por iso que, a data actual, non se revela outra sintomatoloxía derivada dos abusos que previsiblemente poderá aflorar no futuro. A preocupación por manter a unidade familiar impediu a clara expresión da sintomatoloxía derivada dos feitos", segundo o escrito fiscal.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta