Os casos activos en residencias baixan a 53 tralo falecemento dunha usuaria

O 93% dos contaxios entre anciáns concéntrase no gromo da Coviastec de Silleda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 en residencias de maiores de Galicia descenderon a 53 tras rexistrarse o falecemento dunha usuaria nunha de Silleda cun gromo, polo que baixan a 47 os contaxios entre usuarios e mantéñense en seis os de traballadores, concentrados en catro centros.

Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Sanidade e Política Social, non se rexistraron nin positivos nin altas con respecto á xornada deste mércores. Con todo, faleceu unha muller de 92 anos no Hospital Clínico de Santiago que procedía da residencia de maiores de Silleda onde hai un brote activo e da que o pasado domingo faleceu outro interno

Deste xeito, hai 44 usuarios contaxiados nun brote na Residencia Coviastec de Silleda --un menos--; dous na Santa Mariña de Xinzo de Limia e un na DomusVi Laraxe en Cabanas. Pola súa banda, atópanse cinco traballadores contaxiados na Residencia Coviastec de Silleda e un na Residencia de Maiores de Caranza. En canto aos centros de discapacidade na Comunidade galega, estes mantéñense sen infectados entre os seus usuarios e tampouco presentan casos entre os seus traballadores.

Residencia de maiores Coviastec, en Silleda ( Pontevedra).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Residencia de maiores Coviastec, en Silleda ( Pontevedra).. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta