Detectadas dez festas en pisos na noite do mércores en Santiago

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago detectou 10 festas en pisos na noite do mércores, celebracións polas que interpuxo outras tantas propostas de sanción.

Diso informou o Concello de Santiago, que detalla que tamén formulou outras dúas denuncias relacionadas con incumprimentos do uso da máscara.

Ademais, tres persoas foron propostas para sanción por atoparse na vía pública fóra do horario permitido, unha das cales chegou a ser detida por desobediencia e resistencia.

Por último, outras catro persoas foron denunciadas por reunirse sen ser conviventes.

Policía local de Santiago de Compostela
Policía local de Santiago de Compostela | Fonte: Concello de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta