O presidente galego admite o risco dunha cuarta onda en Galicia

Asegura que o Comité Clínico poderá pechar máis concellos a vindeira semana porque xa se coñecerá a incidencia que puido ter a ponte de San Xosé nalgúns concellos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

"O risco dunha cuarta onda en Galicia é certo e para evitalo dependedemos dos comportamentos individuais dos galegos. Será un acerto ou un fracaso de todos se a padecemos ou non a padecemos", dixo.

Terraza en Santiago de Compostela
Terraza en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego asegurou que, aínda que Galicia ten uns bos datos epidemiolóxicos, non hai que "baixar a alerta" e recoñeceu que, tal e como está acontecendo noutros países europeos, tamén aquí pode chegar a cuarta onda.

Sobre Galicia, tras desagregar os datos e subliñar que aínda non se coñecen os efectos da Ponte de San Xosé xa que non se pechou o ciclo epidemiolóxico de dez días, Feijóo remitiuse ao comité clínico que se reunirá o vindeiro martes para avaliar os datos e adoptar as medidas que sexan necesarias.

Con todo, a Xunta xa adoptou medidas en dous concellos, Baiona e Sanxenxo, aos que decidiu pechar perimentrlamente tras o acontecido despois da ponte de San Xosé. En ambos os concellos turísticos disparouse a incidencia de casos, o que levou ao comité clínico a "anticiparse" á situación e, tendo en conta a súa incidencia a sete e tres días, elevar a súa situación a restricións altas. "Se non fixésemos nada, estariamos por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes" nunha semana, advertiu o mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

O presidente galego lembrou os niveis establecidos na Comunidade e remarcou que, con independencia das datas, sexa ou non Semana Santa, as medidas --restricións nas reunións, na hostalaría e de mobilidade-- tomaranse segundo diten as cifras.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta