Inés Rey: "A Coruña ten que volver ser unha cidade de cinema"

A alcaldesa reivindica o papel do sector audiovisual na presentación da II Semana do Cinema Galego.

Por E.P. | A Coruña | 25/03/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou o papel do sector audiovisual na presentación do II Semana do Cinema Galego, que tivo lugar no Teatro Colón.

Presentación da II Semana do Cinema Galego
Presentación da II Semana do Cinema Galego | Fonte: Concello da Coruña.

No acto, a rexedora manifestou o compromiso do goberno local con este sector e sinalou que A Coruña "ten que volver ser unha cidade de cinema". Ao fío diso, anunciou que o consistorio está a traballar para celebrar unha terceira edición de maior duración, con diversidade de categorías "e que constitúa un punto de encontro profesional e, por suposto, un referente nacional".

Por outra banda, o Teatro Colón tamén acolleu este xoves a presentación do Festival 'Elas son artistas', na que participou o portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, xunto co director do festival, Tomi Legido, e representantes de concellos da área metropolitana.

Nesta cuarta edición, o ciclo pola igualdade nas artes e na música desenvolverase do 16 de abril ata o 31 de decembro en 15 sedes diferentes da área metropolitana da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta