Os tres feridos da liorta de Labañou están en diagnóstico reservado

Dous deles están en cirurxía torácica e un en cirurxía plástica.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/03/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A Policía Nacional investiga unha liorta ocorrida na tarde do xoves, 25 de marzo, no barrio coruñés de Labañou, na que resultaron feridas tres persoas, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

Sobre o estado dos feridos, trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), desde o hospital confirmaron que se atopan en prognóstico reservado.

Dous deles están en cirurxía torácica por feridas de arma branca no tórax e un en cirurxía plástica por feridas en diversas partes do corpo, apuntaron.

Os feitos producíronse ao redor das 19:00 horas nunha "rifa tumultuaria" no barrio de Labañou e que se saldou co tres feridos. Ao lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Nacional, que mantén aberta unha investigación para identificar os agresores.

Policía Local
Policía Local | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta