Temas: PRISIóN DELITO

Un veciño de Ribera acepta 15 meses de prisión por pegar unha puñada na cara a outro home

A Fiscalía pedía para o acusado tres anos e nove meses de prisión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Un veciño de Ribeira aceptou este venres, 26 de marzo, a pena de 15 meses de prisión por golpear na cara a outro home cando se atopaban no interior dun club desta localidade.

O xuízo estaba fixado este venres na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Con todo, non se celebrou, porque as partes chegaron a un acordo de conformidade.

Así, aínda que inicialmente a Fiscalía pedía para o acusado tres anos e nove meses de prisión por un delito de lesións con deformidade, finalmente chegaron a un acordo segundo o cal será condenado a 15 meses de cárcere que se suspenderán durante dous anos se non volve delinquir, polo que, en principio, non terá que ingresar no penal.

Os feitos, segundo o escrito de acusación fiscal, remóntanse a abril de 2015, cando o acusado golpeou na cara a outro home no interior dun club de Ribeira. A vítima sufriu a perda de tres pezas dentais.

Fiscalía Superior. FISCALIA SUPERIOR DE GALICIA
Fiscalía Superior. FISCALIA SUPERIOR DE GALICIA

Temas: PRISIóN DELITO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta