Comezan os cribados voluntarios no aeroporto de Alvedro, cun 15% de participación

Fanse tests de antíxenos aos viaxeiros.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/03/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O cribado voluntariado no aeroporto de Alvedro comezou este venres, cunha participación do 15%, segundo informaron desde a área sanitaria coruñesa. En concreto, explicaron que as probas se levan a cabo mediante test de antíxenos aos viaxeiros chegados nos voos procedentes de distintos puntos da xeografía estatal.

Cribado no aeroporto de Alvedro
Cribado no aeroporto de Alvedro | Fonte: Sergas.

Cunha participación en torno ao 15%, desde a área sanitaria cualifican de "positiva" esta porcentaxe, tendo en conta, engaden, que "equipos deportivos xa testados viñan en dous dos voos".

Estes cribados levanse a cabo desde este venres despois de que o Comité de Dirección de Aena aprobase o xoves, na súa reunión semanal, a cesión de espazos e a colaboración coa Xunta de Galicia en relación a esta cuestión.

Con iso, segundo informaron fontes de Aena, deuse o visto e prace á firma dun convenio de colaboración coa Xunta a imaxe do desenvolvido noutras comunidades autónomas, como Baleares ou Canarias, para realizar test de covid-19 dentro das instalacións aeroportuarias.

Tamén o xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, xa avanzou que a intención do Executivo autonómico era iniciar "de forma inmediata" a realización destas probas, expondo a posibilidade de levalos a cabo xa o fin de semana, data que finalmente se adiantou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta