A Xunta convoca axudas a emigrantes galegos no exterior en situación de emerxencia social pola pandemia

Poderán recibir unha axuda máxima de 3.000 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/03/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Xunta activou unha convocatoria de axudas económicas a galegos residentes no exterior que se atopen en situación de emerxencia social por situacións sobrevindas relacionadas coa pandemia de covid-19.

Imaxe do busto de Castelao na praza que leva o seu nome en Buenos Aires
Imaxe do busto de Castelao na praza que leva o seu nome en Buenos Aires | Fonte: FEDERACIÓN DE ASOCIACIóNS GALEGAS DA REPÚBLICA.

A apertura do procedemento desta convocatoria produciuse este venres coa publicación no Diario Ofiicial de Galicia (DOG) da resolución que establece as bases reguladoras das axudas, onde non aparece reflectido o orzamento do paquete de subvencións.

A concesión destas achegas económicas realizarase a través dun proceso de concorrencia non competitiva ao que poderán optar os galegos residentes no exterior que se atopen en situación de emerxencia.

As bases da convocatoria establecen que terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aqueles emigrantes que nacesen en Galicia ou acrediten que residiron no país de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española.

Neste último caso, tamén o estarán os seus fillos ou fillas que teñan nacionalidade española e que se atopen vinculados con calquera concello galego no padrón de españois residentes no exterior (PERE).

Deste xeito, poderán recibir unha axuda máxima de 3.000 euros para facer fronte á súa situación. Desta contía máxima queda exceptuado a posible axuda económica para a realización dunha viaxe, que cubrirá un máximo de 1.500 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta