Só a metade dos convocados participan nas oposicións simultáneas en Ourense, Lugo e Silleda

Estaban convocados un total de 2.009 aspirantes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/03/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

Este sábado arrincaron en Galicia "con normalidade" as oposicións simultáneas multisede para 85 prazas do grupo A2 do corpo de xestión/grupo II da Administración autonómica, nas que participaron pouco máis da metade dos inscritos.

Probas de oposición en Silleda
Probas de oposición en Silleda | Fonte: PICASA - Arquivo.

En concreto, a porcentaxe de participación nos exames que se celebran simultaneamente no recinto da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, é do 50,8%.

A estas probas estaban convocados un total de 2.009 aspirantes, dos que finalmente se presentaron 1.020.

Os exames, informou a Xunta, desenvólvense con todas as garantías sanitarias, entre outras cuestións grazas á simultaneidade de tres sedes diferentes.

Pola tarde, ás 16,30 horas, arrincaron tamén de forma simultánea en Ourense, Lugo e Silleda os exames para 86 prazas do grupo A2 Educadores, nos que están chamadas a participar 1.965 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta