O fin de semana remata cun total de 53 accidentes e dúas persoas falecidas nas estradas

O 32% das persoas asistidas tiña entre 15 e 29 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu 69 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas durante o fin de semana, das que dúas morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 26 de marzo e as 23,59 horas do domingo 28 un total de 62 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 23 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 67. En concreto, as ambulancias realizaron 62 atencións; o helicóptero medicalizado efectuou unha saída e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en catro sinistros.

En 59 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións recibiron atención no lugar do accidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida situouse no 57 por cento e a de mulleres no 43%. En canto ás idades dos feridos, o 32% dos asistidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, a da Coruña, con 25 sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 24; Lugo, con tres; e Ourense, cun.

Accidente por colisión de dous turismos na estrada OU-101.. GARDA CIVIL
Accidente por colisión de dous turismos na estrada OU-101.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta