Galicia logrou pechar 2020 cun déficit de só o 0,08% do PIB

Supón un 46 millóns de euros. A cifra galega mantense, deste xeito, moi por debaixo do incremento global estatal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/03/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Galicia pechou 2020 cun déficit de 46 millóns de euros, o que supón un 0,08% do seu produto interior bruto (PIB), segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Facenda. En canto ao impacto en gasto sociosanitario derivado pola pandemia da covid na comunidade, o miniterio fíxao en 315 millóns, un 0,54%.

En global, o déficit do conxunto das administracións públicas pechou o pasado ano no 10,09% do PIB como consecuencia do maior gasto para facer fronte á pandemia, tras situarse en 113.172 millóns de euros, o que supón un incremento de 77.557 millóns respecto ao exercicio anterior. Incluíndo a sareb, o déficit público situouse no 10,97% do PIB.

Así se desprende dos datos de execución orzamentaria correspondente ao ano 2020 expostos este luns en rolda de prensa pola ministra de Facenda, María Jesús Montero. O dato final sitúase máis dun punto por baixo da estimación do Goberno (11,3%) e é a segunda cifra máis alta da historia, despois de que en 2012, o peor ano da crise financeira, o déficit situásese no 10,6% do PIB, incluíndo o rescate á banca.

Rúa do Paseo de Ourense este nadal. Rosa Veiga - Europa Press
Rúa do Paseo de Ourense este nadal. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta